This movie requires Flash Player 9

Oito Aurum no 36º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través

O último día do mes de novembro celebrouse en Vigo o 36º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través, no que participaron oito atletas do noso club, que acadaron unha magnífica terceira praza por equipos.

Nunha mañá propicia para o Cross é un ambiente típico das clásicas galegas celebrouse esta proba de 8.946 metros na que Manuel Prieto foi 14º na liña de meta cun tempo de 34:19 minutos. O segundo Aurum foi Roberto Espiña (35:24) seguido moi preto polo seu irmán Javier (35:41 e posto 28). Alfonso Soto “Fon” foi 42º con 36:56 minutos. Pola súa banda, Eloy Campos rexistrou unha marca de 37:28 entrando de 50. De 65 chegou Diego Babarro ao realizala proba en 38:38 minutos. No posto 70, Javier Rodríguez rematou en 39:17 minutos e no posto 78º, Alfredo Ferreiro (40:59).

Por equipos
Estos grandes resultados e tempos fixo que o Club Deportivo Aurum rematara na terceira posición por equipos. O Aurum acadou 110 puntos a tan só dous puntos do Comesaña Sporting Club (108 puntos). Primeiro e moi destacado foi o club ourensán Ourenrunning con 67 puntos.

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Vilagarcía e O Pereiro

As últimas citas dos atletas do Club Deportivo Aurum foron en dous puntos da xeografía galega:Vilagarcía e O Pereiro de Aguiar.

Ata a localidade pontevedresa desprazouse un dos nosos atletas: Alfredo Ferreiro (Furi), para disputar a III Media Maratón solidaria de Vilagarcia. Furi empregou un tempo de 1:29:08 en realizar os 21,097 km do percorrido rematando a proba no posto 170 dun total de 517 atletas.

Por outra banda, o Cross do Guillelme Brown (O Pereiro de Aguiar) chegaba a súa décimonovena edición. Na proba absoluta participaron un total de 79 atletas dos cales cinco eran do Aurum. O primeiro en completar os catro quilómetros de duro percorrido foi Lalo Gómez –o presi-, no posto 22 tras 15 minutos e 22 segundos; de seguido, no posto 26, Javier Rodríguez parou o crono en 15:38; Simón Doval (74) e Ramsés Torres (75) chegaron xuntos á meta tras 21 minutose 28 segundos de carreira. Susana Bayo foi a 78ª e o seu tempo foi de 23:20.

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

XXXVIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño

Os Aurum boys & girls fixéronse notar na San Martiño.

29 dos nosos atletas acudiron á 38ª edición da carreira popular pedestre do San Martiño que se celebrou o pasado domingo 16 de novembro polas rúas de Ourense.

Nunha mañá desapacible no aspecto metereolóxico, non o foi tal na concurrencia de participantes nas tres probas que se disputaron (absoluta, escolar e de cativos).

Unha vez máis a decana das populares galegas foi un éxito total de participación; e o Club Deportivo Aurum deixou o seu gran de area.

En canto á proba absoluta, 29 atletas do CD Aurum representaron ao club dourado e negro de forma excepcional. Dos 29 atletas, 17 pararon o crono por debaixo dos 40 minutos; os demais, axudaron a facer máis grande o club e a San Martiño.
Moitos fixeron mellor marca persoal e outros lograron rematar con boas sensacións, incluso algún participaba por primeira vez nesta carreira.
A todos, noraboa pola participación!!!!!

Estos foron os atleta participantes do club xunto coa súa posición e o seu tempo:

57º  Manuel Prieto – 35:16
67º  Roberto Espiña – 35:35
68º  Javier Espiña – 35:37
119º  Jesús Fernández – 36:41
132º  Eloy Campos – 36:49
153º  Miguel Anxo Rodríguez – 37:06
183º  Alfonso Soto – 37:30
226º  Samuel Torres – 37:57
256º  Eladio Gómez – 38:17
257º  Juan Benito Blanco – 38:17
272º  Pablo Simón – 38:23
289º  Juan Romero – 38:38
330º  Diego Babarro – 39:00
349º  Alfredo Ferreiro “Furi” – 39:10
397º  José Luis Nóvoa – 39:33
414º  Oscar González – 39:41
469º  Javier Rodríguez – 39:56
623º  Orlando de Matos – 41:25
684º  Wilson Jones – 41:56
834º  Ramsés Torres – 42:55
1221 Toni Blanco – 44:52
1403 Diego Formoso – 45:54
1431 Nicolás Chao – 46:03
1795 Patricio Farias – 47:58
1889 Enrique Armada – 48:29
2369 Jesús Cuquejo – 51:04
3712 Ángela Vidal – 1:00:30
3879 Simón Doval – 1:02:16
4069 Susana Bayo – 1:05:22

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Negreira, Lugo e O Barco

A semana anterior da popular da San Martiño disputáronse tres probas con presenza dos atletas do CD Aurum: a carreira de Negreira,  as 3 horas de Lugo e a carreira popular dos Santiños.

XXXV Carreira Popular de Negreira

En Negreira, Alfredo Ferreiro “Furi” participou nesta proba que chegaba a súa 35ª edición. Furi foi capaz de completar os 10 quilómetros en 41 minutos e catro segundos. O seu posto na meta, o 145.
Os vencedores absolutos foron os atletas Yusuf Kibet Biwot en homes e Maria Jesús Gestido en mulleres. A proba a remataron un total de 405 atletas.

3 Horas de Lugo

Pola súa banda, en Lugo celebrábase a segunda edición das “3 horas monumentales”. Esta cita supón que cada equipo está composto por tres atletas que se relevan ao longo de tres horas para acadar a maior distancia posible. Todo o percorrido facíase pola muralla lucense.
Por parte do CD Aurum participou un equipo formado por Toni, Orlando e Patricio. En 3 horas 3 minutos e 25 segundos foron capaces de completar 16 voltas rematando no posto 49, dun total de 104 equipos.

7ª Carreira Popular dos Santiños

Jose Luis Novoa participou nesta carreira, esta é a súa crónica:

“Este pasado domingo 9 de novembro celebrouse no Barco de Valdeorras a 7ª carreira popular dos Santiños, con duas voltas a un circuito urbano para facer un total de 7 kms, ademáis de contar con outras distancias para carreiras infantiles.
Día que amenazaba chuvia pero que finalmente nos respetou, cunha temperatura ideal par correr, sobre 9º. É de agradecer que permitisen a inscripción ata unha hora antes de carreira, que costume nestas terras de Valdeorras, así pódeslle estar dando voltas ata o último momento si acudir. Para os de Ourense creo que nos resulta máis sinxelo ir a carreiras pola zona de Vigo, Pontevedra ou Santiago, porque esta resulta unha viaxe longa, de feito había poucas cara “coñecidas”. Tamén dan a opción de coller a bolsa do corredor (8€) ou non (4€), no que o seu contido é un aquarius e unha camiseta, que aprendan outros organizadores, ¡como si os habituais non tiveramos camisetas de abondo!
Saida e meta nas pistas do estadio de Calabegueiros, e percorrido totalmente chan polo centro da vila, agás un pequeno repeito de uns 30 metros. A organización foi impecable e o trato moi correcto, supoño que axuda o feito de ser unha carreira cuasi-familiar, pois fomos 105 os chegados a meta na carreira de 7 kms.
No aspecto personal satisfeito, posto 21º.”

 

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

I Carreira Popular Concello de Monterrei

O pasado domingo 2 de novembro celebrouse a primeira edición da Carreira Popular de Monterrei sobre unha distancia de 8 km. En total chegaron a meta 179 atletas dos cales seis foron do Club Deportivo Aurum.

O primeiro en atravesar a liña de meta foi Roberto Espiña, que rematou a proba en 28 minutos 39 segundos chegando á liña de meta no posto 13º. Na 21ª posición, Miguel Anxo Rodríguez, o seu tempo 29:11 minutos. O terceiro dos Aurum foi Alfredo Ferreiro “Furi”, entrando no posto 39 cun tempo de 30:22 minutos.

Niko Chao remataría a carreira en 34 minutos e 52 segundos sendo o 96 na clasificación. Diego Formoso (35:35 minutos) foi o 103. A única representante feminina que participou nesta primeira edición da carreira do concello de Monterrei foi Vanessa Lozano; o seu tempo, 47:29, o seu posto, o 172.

Noraboa a todos eles!

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Fin de semana con sabor a ouro e negro

A fin de semana do 25 e 26 de outubro tivo protagonismo dos atletas do Club Deportivo Aurum pola xeografía galega.

O sábado pola mañá, na localidadade lucense do Corgo celebrouse a sexta edición da carreira popular Arumes do Corgo, na que José A. Blanco rematou
na 65ª posición cun tempo de 23:50 minutos nuna distancia de 5.300m.

Ata onde remata a terra firme desprazouse Samuel Torres “Tito” para disputar a I Carreira Pedestre Concello de Fisterra 2014.
Tras unha dura competicia con outros dous competidores, Tito logrou a vitoria ao realizar os 5km en 19:06 minutos.

O domingo 26 deparábanos dúas probas con representación dos “Aurum boys”: a da Carballeira e a de Santiago de Compostela.

Na da capital galega, de 12 quilómetros, Eloy Campos rematou no posto 204 cun tempo de 46 minutos e 39 segundos;
no 243 remataría Alfonso Soto (47:20); no 357, Alfredo Ferreiro (48:53) e no 2.448, Jesús Cuquejo, tras unha hora catro minutos e nove segundos.

Fon na Pedestre de Santiago

A carreira da Carballeira (última do circuíto Correndo por Ourense) reuniu a oito atletas do Aurum.
Logo de 5,7km de costas os irmáns Espiña -Roberto e Javier– entraron sexto e sétimo respectivamente na liña de meta;
ambos os dous cun tempo de 20 minutos e 52 segundos, e acadando Roberto un moi meritorio 3º posto na categoría VTAM.
O terceiro en entrar en meta foi Tito no posto 30 (22:59 minutos).
Moi preto del entrarían Óscar González (35º cun tempo de 23:08) e Javier Rodríguez (36º, en 23:12 minutos).
Máis abaixo na clasificación -posto 93- remataría Ramsés Torres (25:50); Enrique Hermida en 26:22 minutos no posto 109 e Diego Formoso no 121 empregando un tempo de 26:58 minutos.

Xa queda menos para unha das citas máis importantes da tempada como é a 38 edición da San Martiño, onde o noso clube terá seguramente unha gran participación.

Tito, Javier Rodríguez, Oscar González e Roberto Espiña na Carballeira

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS