III CARREIRA POPULAR RIBADAVIA 2016

O pasado domingo 11 de setembro, Ribadavia acolleu a terceira edición da súa carreira popular. Nesta ocasión foron algo máis de cen as persoas que participaron neste evento.

As carreiras de categorías inferiores discorreron polo casco vello da vila; a proba absoluta ademais de percorrer a zona antiga achegouse ata viñedos, a área recreativa da Veronza (lugar onde se disputa o cross de Ribadavia), paseos do Avia e do Miño e Francelos.

Na carreira absoluta lograron rematala os 77 dos 78 deportistas inscritos. Abrindo paso, desde os primeiros metros, na carreira, David Rodríguez García (athletic Smoöy Team) logrou a vitoria con comodidade. Rodríguez marcou un tempo de 30:42 minutos sobre os, aproximadamente, 9 quilómetros de percorrido. Segundo na liña de meta foi o atleta do Atletismo Arenteiro Albino Fernandez Garcia (32:29) e terceiro foi Gonzalo Fernández Alberte (Atletismo Arenteiro) con 32 minutos e 49 segundos.

En mulleres a primeira foi María José Loeda García (43:09) precedendo a Ana Belén Pérez Pereira con cinco segundo de diferenza (43:14). Terceira rematou Joana Leticia Suárez Cuadrado (47:38).

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Comparte!