Ourense Termal Athletics Meeting

2016-Cartel-Ourense-Termal-Web-300x420

O domingo 29 de maio celebrase nas pistas de atletismo do Campus universitario
de Ourense unha nova edición do “Ourense Termal Athletics Meeting”. Esta cita
atlética dará comezo ás 10 da mañá e realizarase durante a xornada matutina.

Probas

10 probas masculinas e outras tantas femininas formarán parte da programación
deste evento. As probas que se repetirán nas dúas categorías serán as de salto
con pértega; lanzamente de peso; 100, 200 e 400 e 1.500 metros; e os relevos
4×100 e 4×400 metros. Ademais disputaranse en homes o triplo salto, os 800 e os
3.000 metros; mentres que en mulleres tamén se celebrarán o salto de lonxitude,
100 metros valados e os 3.000 obstáculos.

Escolares

Os atletas de categorías de menores tamén contarán co seu protagonismo. En medio
da xornada disputaranse as probas de 1.000 metros infantil e cadetes e os 500
metros benxamín -as dúas probas tanto en homes coma en mulleres-.

Premios

Recibirán premio as oito mellores marcas masculinas e oito mellores marcas
femininas do meeting, segundo táboa IAAF en vigor, acadando un mínimo de 800
puntos.

Tanto en homes coma en mulleres levarán 500 euros e trofeo para o primeiro; 300
euros o segundo; 250, o terceiro; 200 euros, o cuarto; 150 euros para o quinto e
100 euros para o sexto, sétimo e oitavo.
Non optan a estes premios os relevos e probas de promoción de categorías de
menores.

Tamén haberá un premio de 100 euros aos atletas que establezan un novo récord de
Galicia absoluto; no caso dos relevos o premio será para o Club ou equipo que
representen. Este premio é acumulativo.
Os tres primeiros atletas de cada categoría de menores recibirán un agasallo do
organizador.

100 metros popular

Previo ao meeting -uns minutos antes das 10 mañá, hora de comezo- celebrarase
unha proba popular. Tratarase da carreira dos 100 metros e poderase inscribir
calqueira persoa que o desexe. Unha boa oportunidade para saber canto tempo se
tarda en completar un hectómetro e de paso coñecer se se está preto ou lonxe de
arrebartarlle o récord do Mundo da distancia a usain Bolt.

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Comparte!