Cross de Ribadavia

O “Cross de Ribadavia” 2016 reunirá 600 deportistas

Será a 81ª edición do Campionato de Galicia de campo a través.

 

O “Cross de Ribadavia” 2016 reunirá esta fin de semana no concello de Ribadavia 600

deportistas nunha das probas de atletismo de maior tradición.

O evento desenvolverase en dúas xornadas, os días 13 e 14 de febreiro. O sábado terá

lugar o XXXIII Copa Deputación de Atletismo – campo a través por relevos mixto e o I

Campionato de Galicia de campo a través por relevos mixtos en categoría benxamín,

alevín, infantil, cadete e xuvenil. A competición terá lugar dende as 11.00 ás 14.00

horas e estímase unha participación de 300 atletas. O domingo disputarase a 81ª

edición do Campionato de Galicia de campo a través absoluto, promesa e júnior,

individual e por equipos masculino, e o XLIX Campionato de Galicia de campo a través

absoluto, promesa e júnior, individual e por equipos feminino. A competición

celebrarase á mesma hora que no día anterior e cunha participación de atletas similar.

 

10 km

Esta 81ª edición do Campionato de Galicia de campo a través absoluto cumpre 100 anos

da súa orixe e nela “unha das probas máis antigas na que estarán presentes os mellores

atletas que hoxe ten a comunidade para disputar este título que outorga certo prestixio

ao vencedor”, afirmou o coordinador do evento, e presidente do club Aurum, Lalo Gómez.

Asemade por primeira vez “homes e mulleres en categoría absoluta competirán sobre a

mesma distancia de 10 quilómetros”, destacou Gómez. O Cross celébrase “en inverno para

experimentar a dureza e para preparar ós atletas para a tempada de pista ao aire libre”,

asegurou.

O presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, destacou que “por

primeira vez se celebrará neste evento un campionato de Galicia”. Con respecto ao

circuíto no que se disputarán as probas, Hornillos asegurou que “é un dos mellores que

hai a nivel nacional que se pode considerar válido mesmo para celebrar un campionato de

España ou Europa”.

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Comparte!