Docampo e Rodríguez, os mellores entre viñedos

O pasado domingo 3 de maio celebrouse en Ribadavia a carreira popular Feira do Viño do Ribeiro “correndo entre viñedos”, organizada polo Club Deportivo Aurum.

A proba absoluta, que consistía en completar un percorrido duns nove quilómetros, foi gañada polo atleta local Iván Docampo. O corredor do Rungalicia.com empregou un tempo de 30 minutos e catro segundos. O segundo clasificado foi Luis Iglesias, do Atletismo Carballiño (30.45) e o terceiro Pablo Carrera do Cárnicas Serrano, parando o crono en 31 minutos e 54 segundos.

En canto á categoría feminina, Silvia Rodríguez do Esprintes Ourense foi a máis rápida ao completar o percorrido en 38 minutos e nove segundos. Acompañárona no podio a atleta do Lombis, Sonia Alonso (40:48) e a do Ourenrunning, Elena Pérez (41:22), segunda e terceira respectivamente.

 

Outras categorías

Noel Vázquez e María Vega foron os máis rápidos na carreira infantil e Adrián Chillón e Gisela Dapía, na de benxamíns e alevíns.

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Comparte!