Inscricións abertas na carreira popular de Ribadavia

Ata o 29 de abril están abertas as inscricións para participar na carreira popular de Ribadavia “Feira do Viño do Ribeiro”. A proba terá lugar o domingo 3 de maio, no marco da Feira do Viño do Ribeiro, e estará organizada polo Club Deportivo Aurum, coa colaboración da Delegación de Ourense da Federación Galega de Atletismo

A inscrición pódese realizar na web www.carreirasgalegas.com e ten un custe de 5 euros. Será de balde para os menores de 18 anos.

Tres probas
A popular de Ribadavia constará de tres carreiras, ademais dunha para os máis cativos (Pitufos).

A carreira dos benxamíns e alevíns terá un percorrido dun quilómetro; a de infantís e cadetes percorrerá dous quilómetros e a absuluta (xuvenís, júniors, promesas e veteráns) será de 9km. A carreira absoluta terá a saída na rúa do Progreso fronte á Alameda e trascorrerá por viñedos e polos lugares máis simbólicos da vila.

O alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, apuntou que  esta carreira é unha das actividades máis novidosas da Feira do Viño do Ribeiro.

Segundo o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, Miguel Ángel Viso, coa carreira “buscamos achegar o consumo de viño á xente nova, sempre apostando por un consumo razoable”, xa que España é un dos maiores produtores de viño e dos países menos consumidores.

O ano pasado rondaron os 300 participantes, polo que o presidente do CD Aurum, Lalo Gómez, agarda “este ano incrementar ese número”.

Agasallos
Desde a organización apuntan que haberá agasallos que non deixarán indiferentes aos participantes. Tamén haberá trofeos para os primeiros clasificados de cada categoría.

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Comparte!