Campionato Provincial de campo a través. II Cross de Ribadavia

O pasado sábado 31 de xaneiro celebrouse na área recreativa da Veronza -Ribadavia- o II Cross de Ribadavia (Campionato Provincial de campo a través), organizado polo Club Deportivo Aurum.

O tempo estivo moi variable con alternancia de claros con choivas, ao que o circuíto respondeu cun drenaxe envexable.

En total foron casi 600 (583 remataron) os participantes de todas as categorías. Un éxito que fixo que crecera expoñencialmente esta edición con respecto a do ano pasado, afianzando a Veronza coma dos mellores circuítos galegos de campo a través, á altura de organizar un campionato de empaque como podería ser un nacional, ou mesmo un internacional.

Nas categorías escolares foron máis de 400 os atletas que remataron as súas carreiras chegados de todos os rincóns da xeografía ourensá.

Probas absolutas

En canto ás probas absolutas, na feminina foi Eva Arias (19:31 minutos) a vencedora. Tras ela, a secundaría no podio, Iria Fernández (19:59) e Ana Belén Losada (21:29). Desde os primeiros metros da carreira Arias e Fernández marcarían o ritmo, ata que Arías (Adas O Barco) incrementou o ritmo e deixou atrás a atleta do Comesaña.

Por equipos, o Ourenrunning foi o primeiro con 14 puntos, seguido do Adas Proinor (segundo con 23 puntos) e o Atletas veteranos (terceiro con 54).

Na categoría masculina, o podio estivo copado por Hassan Lekhili, Javier Paredes -campión provincial- e Elpidio Gómez, primeiro, segundo e terceiro, respectivamente. Elpidio Gómez (Adas Proinor) colleu a dianteira marcando un forte ritmo durante as primeiras voltas. Ata que os dous atletas do Ourenrunning (Paredes e Lekhili) tomaron a dianteiro. Paredes sería o primeiro en tirar e no tramo final foi o marroquí o que collería a primeira posició e xa non a soltaría. Os dous compañeiros de club chegarían á meta no mesmo tempo (26:49), mentres que Gómez o faría 30 segundos máis tarde.
O Ourenrunning (ao igual que en categoría feminina) sería o vecedor por equipos ao acadar 20 puntos. Adas Proinor (31 puntos) foi segundo, e Atletismo Arenteiro (50 puntos), terceiro.

Atletas Aurum


En categoría cadete participaron dous integrantes do CD Aurum. José Benito Silva Sayans foi undécimo, mentres que Adrián Álvarez Dapena foi 17º.

Na categoría absoluta masculina participaron un total de oito atletas. O mellor foi Javier Espiña, rematando na 18ª posición; o outro Espiña, Roberto foi 20º; Lalo Gómez rematou na 28ª posición; no posto número 40 chegou Juan

Romero; 48º foi Diego Babarro, no posto 61, Furi e no 70, Javier Rodríguez. Manuel Prieto  retirouse cando marchaba na cuarta posición. Por equipos, o Aurum foi cuarto.

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Comparte!