Ribadavia acolle o Campionato Provincial de cross

Será o 31 de xaneiro, e organizado polo Club Deportivo Aurum.

A área recreativa da Veronza, na localidade ourensá de Ribadavia, acolle o sábado 31 de xaneiro o Campionato Provincial de cross. Tamén se disputará o Campionato Provincial Escolar de Cross (XOGADE) e a segunda edición do cross de Ribadavia. O Club Deportivo Aurum corre a cargo, por segundo ano consecutivo, da organización.
A Veronza é, novamente, o lugar elexido para este cross. É considerado por especialistas coma un lugar inmellorable para a practica desta modalidade atlética; unha alfombra verde que fai que o circuíto sexa esixente á vez que idóneo.

A inscrición conta, entre todas as categorías, con 754 inscritos, dos cales máis de 500 son escolares (o futuro do atletismo na nosa provincia). O resto entre atletas federador e atletas populares. Este número fai que se duplique a participación con respecto ao ano pasado.

Á cita acudirán es mellores especialistas da provincia. O ano pasado o vencedor foi Javier Paredes quen ten complicado defender o título. Atletas como Lekhili ou Docampo tamén estárán na liña de saída. En categoría feminina, Eva Arias, Iria Fernández, Ana María Ocampo e Ana Belén Losada están entre as favoritas.

Horario

A competición comezará coa proba absoluta feminina ás 10:30 (5.000 metros). Ás 11:00 o turno será para os cadetes e xuvenís masculinos (4.000 metros) para que ás 11:25 sexa a proba das mesmas categorías de mulleres (2.500 metros). Os infantís correrán ás 11:45 os homes (2.500 metros) e ás 12:05 as mulleres (2.000 metros). Ás 12:15 o alevín masculino (1.500 metros) e ás 12:30 o alevín feminino (1.000 metros). Aos benxamíns tocaralles ás 12:40 e ás 12:50, a categoría masculina (1.000 metros) e feminina (1.000 metros), respectivamente. E para o final -13:00 horas- déixase a proba absoluta masculina (8.000 metros).

Marco incomparable

A Veronza, na ribeira do Avia, é un lugar incomparable para a practica do cross. Por esta razón desde o propio concello e desde o CD Aurum están interesados en dar o salto e lograr organizar nesa área un campionato a nivel nacional. Os pasos son os axeitados de cara a ese camiño.

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Comparte!