This movie requires Flash Player 9

III CARREIRA POPULAR RIBADAVIA 2016

O pasado domingo 11 de setembro, Ribadavia acolleu a terceira edición da súa carreira popular. Nesta ocasión foron algo máis de cen as persoas que participaron neste evento.

As carreiras de categorías inferiores discorreron polo casco vello da vila; a proba absoluta ademais de percorrer a zona antiga achegouse ata viñedos, a área recreativa da Veronza (lugar onde se disputa o cross de Ribadavia), paseos do Avia e do Miño e Francelos.

Na carreira absoluta lograron rematala os 77 dos 78 deportistas inscritos. Abrindo paso, desde os primeiros metros, na carreira, David Rodríguez García (athletic Smoöy Team) logrou a vitoria con comodidade. Rodríguez marcou un tempo de 30:42 minutos sobre os, aproximadamente, 9 quilómetros de percorrido. Segundo na liña de meta foi o atleta do Atletismo Arenteiro Albino Fernandez Garcia (32:29) e terceiro foi Gonzalo Fernández Alberte (Atletismo Arenteiro) con 32 minutos e 49 segundos.

En mulleres a primeira foi María José Loeda García (43:09) precedendo a Ana Belén Pérez Pereira con cinco segundo de diferenza (43:14). Terceira rematou Joana Leticia Suárez Cuadrado (47:38).

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Ourense Termal Athletics Meeting

2016-Cartel-Ourense-Termal-Web-300x420

O domingo 29 de maio celebrase nas pistas de atletismo do Campus universitario
de Ourense unha nova edición do “Ourense Termal Athletics Meeting”. Esta cita
atlética dará comezo ás 10 da mañá e realizarase durante a xornada matutina.

Probas

10 probas masculinas e outras tantas femininas formarán parte da programación
deste evento. As probas que se repetirán nas dúas categorías serán as de salto
con pértega; lanzamente de peso; 100, 200 e 400 e 1.500 metros; e os relevos
4×100 e 4×400 metros. Ademais disputaranse en homes o triplo salto, os 800 e os
3.000 metros; mentres que en mulleres tamén se celebrarán o salto de lonxitude,
100 metros valados e os 3.000 obstáculos.

Escolares

Os atletas de categorías de menores tamén contarán co seu protagonismo. En medio
da xornada disputaranse as probas de 1.000 metros infantil e cadetes e os 500
metros benxamín -as dúas probas tanto en homes coma en mulleres-.

Premios

Recibirán premio as oito mellores marcas masculinas e oito mellores marcas
femininas do meeting, segundo táboa IAAF en vigor, acadando un mínimo de 800
puntos.

Tanto en homes coma en mulleres levarán 500 euros e trofeo para o primeiro; 300
euros o segundo; 250, o terceiro; 200 euros, o cuarto; 150 euros para o quinto e
100 euros para o sexto, sétimo e oitavo.
Non optan a estes premios os relevos e probas de promoción de categorías de
menores.

Tamén haberá un premio de 100 euros aos atletas que establezan un novo récord de
Galicia absoluto; no caso dos relevos o premio será para o Club ou equipo que
representen. Este premio é acumulativo.
Os tres primeiros atletas de cada categoría de menores recibirán un agasallo do
organizador.

100 metros popular

Previo ao meeting -uns minutos antes das 10 mañá, hora de comezo- celebrarase
unha proba popular. Tratarase da carreira dos 100 metros e poderase inscribir
calqueira persoa que o desexe. Unha boa oportunidade para saber canto tempo se
tarda en completar un hectómetro e de paso coñecer se se está preto ou lonxe de
arrebartarlle o récord do Mundo da distancia a usain Bolt.

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Cross de Ribadavia

O “Cross de Ribadavia” 2016 reunirá 600 deportistas

Será a 81ª edición do Campionato de Galicia de campo a través.

 

O “Cross de Ribadavia” 2016 reunirá esta fin de semana no concello de Ribadavia 600

deportistas nunha das probas de atletismo de maior tradición.

O evento desenvolverase en dúas xornadas, os días 13 e 14 de febreiro. O sábado terá

lugar o XXXIII Copa Deputación de Atletismo – campo a través por relevos mixto e o I

Campionato de Galicia de campo a través por relevos mixtos en categoría benxamín,

alevín, infantil, cadete e xuvenil. A competición terá lugar dende as 11.00 ás 14.00

horas e estímase unha participación de 300 atletas. O domingo disputarase a 81ª

edición do Campionato de Galicia de campo a través absoluto, promesa e júnior,

individual e por equipos masculino, e o XLIX Campionato de Galicia de campo a través

absoluto, promesa e júnior, individual e por equipos feminino. A competición

celebrarase á mesma hora que no día anterior e cunha participación de atletas similar.

 

10 km

Esta 81ª edición do Campionato de Galicia de campo a través absoluto cumpre 100 anos

da súa orixe e nela “unha das probas máis antigas na que estarán presentes os mellores

atletas que hoxe ten a comunidade para disputar este título que outorga certo prestixio

ao vencedor”, afirmou o coordinador do evento, e presidente do club Aurum, Lalo Gómez.

Asemade por primeira vez “homes e mulleres en categoría absoluta competirán sobre a

mesma distancia de 10 quilómetros”, destacou Gómez. O Cross celébrase “en inverno para

experimentar a dureza e para preparar ós atletas para a tempada de pista ao aire libre”,

asegurou.

O presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, destacou que “por

primeira vez se celebrará neste evento un campionato de Galicia”. Con respecto ao

circuíto no que se disputarán as probas, Hornillos asegurou que “é un dos mellores que

hai a nivel nacional que se pode considerar válido mesmo para celebrar un campionato de

España ou Europa”.

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

XXXIX CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO 2015

A festa do deporte ourensán congregou miles de corredores nas rúas da cidade este domingo.

Ás 11 horas dunha fría mañá de novembro deuse o pistoletazo de saída para os 5.366 inscritos na carreira absoluta, que estaban chamados a cubrir a distancia de 10.000 metros dun circuito con saída na ponte do Milenio e chegada no pavillón dos Remedios.

Lekhili dominou a proba desde o comezo, con Lolo Penas como gran rival, pero este acabou por retirarse por problemas físicos. Completaron o podio masculino Carlos Villamor e Víctor Riobó, e o feminino Joselyn Brea e Paula Mayobre.

Por parte do club deportivo Aurum foi numerosa a participacion acadando os seguintes resultados.

 
Absoluta:

 
53 – Roberto Espiña – 34:59
211- Miguel Anxo Rodriguez – 37:42
301- Juan Benito Blanco – 38.33
325- Javier Rodriguez – 38:46
330- Juan Romero – 38:50
370- Oscar Gonzalez – 39:07
378- Alfredo Ferreiro – 39:09
580- Orlando De Matos – 41:06
749- Ramses Torres – 42:22
1207- Samuel Torres – 44:59
2006- Diego Formoso – 49:23
2084- Patricio Farias – 49:45
2265- Nicolas Chao – 50:40
4048- Susana Bayo – 1:03:17
4164- Simon Doval – 1:05:03

 
Carreira Escolar:

 
10- Alejandro Crespo – 16:27
47- Jose Benito Silva – 17:58
54- Pablo Caride – 18:09
126- Adrian Alvarez – 19:18
235- Hector Rodriguez – 20:35
549- Sergio Crespo – 23:05
550- Xian Luis Dominguez – 23:05
716- Brais Mosquera – 24:14
1081- Marta Fernandez – 27:00
1130- Sara Dominguez – 27:24

aurum2015-2016

aurum kids

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Ourense Termal Athletics meeting

O sábado 20 de xuño en horario de mañá á tarde as pistas de atletismo do Campus Universitario de Ourense acolle o Ourense Termal Athletics meeting.

Este ano a Deputación de Ourense é o organizador dun evento que é a continuidade do Gran Premio Festas de Ourense. Xunta á Deputación estarán entidades como a Universidade de Vigo ou o Concello de Ourense. Colabora o Club Deportivo Aurum xunto coa Federación Galega de Atletismo.

Pola mañá disputaranse as probas dos escolares (con algunha de categoría absoluta), mentres que pola tarde o turno será para as categorías absolutas, salteadas con algunha escolar.

En canto ós premios, haberá uns 3.000 euros en metálico nas probas absolutas.
Os tres primeiros clasificados de cada proba recibirán premio (75, 50 e 25 euros, respectivamente) sempre que logren acadar un mínimo de 700 puntos segundo a táboa da IAAF (Federación Internacional de Atletismo).

 
  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Docampo e Rodríguez, os mellores entre viñedos

O pasado domingo 3 de maio celebrouse en Ribadavia a carreira popular Feira do Viño do Ribeiro “correndo entre viñedos”, organizada polo Club Deportivo Aurum.

A proba absoluta, que consistía en completar un percorrido duns nove quilómetros, foi gañada polo atleta local Iván Docampo. O corredor do Rungalicia.com empregou un tempo de 30 minutos e catro segundos. O segundo clasificado foi Luis Iglesias, do Atletismo Carballiño (30.45) e o terceiro Pablo Carrera do Cárnicas Serrano, parando o crono en 31 minutos e 54 segundos.

En canto á categoría feminina, Silvia Rodríguez do Esprintes Ourense foi a máis rápida ao completar o percorrido en 38 minutos e nove segundos. Acompañárona no podio a atleta do Lombis, Sonia Alonso (40:48) e a do Ourenrunning, Elena Pérez (41:22), segunda e terceira respectivamente.

 

Outras categorías

Noel Vázquez e María Vega foron os máis rápidos na carreira infantil e Adrián Chillón e Gisela Dapía, na de benxamíns e alevíns.

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Inscricións abertas na carreira popular de Ribadavia

Ata o 29 de abril están abertas as inscricións para participar na carreira popular de Ribadavia “Feira do Viño do Ribeiro”. A proba terá lugar o domingo 3 de maio, no marco da Feira do Viño do Ribeiro, e estará organizada polo Club Deportivo Aurum, coa colaboración da Delegación de Ourense da Federación Galega de Atletismo

A inscrición pódese realizar na web www.carreirasgalegas.com e ten un custe de 5 euros. Será de balde para os menores de 18 anos.

Tres probas
A popular de Ribadavia constará de tres carreiras, ademais dunha para os máis cativos (Pitufos).

A carreira dos benxamíns e alevíns terá un percorrido dun quilómetro; a de infantís e cadetes percorrerá dous quilómetros e a absuluta (xuvenís, júniors, promesas e veteráns) será de 9km. A carreira absoluta terá a saída na rúa do Progreso fronte á Alameda e trascorrerá por viñedos e polos lugares máis simbólicos da vila.

O alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, apuntou que  esta carreira é unha das actividades máis novidosas da Feira do Viño do Ribeiro.

Segundo o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, Miguel Ángel Viso, coa carreira “buscamos achegar o consumo de viño á xente nova, sempre apostando por un consumo razoable”, xa que España é un dos maiores produtores de viño e dos países menos consumidores.

O ano pasado rondaron os 300 participantes, polo que o presidente do CD Aurum, Lalo Gómez, agarda “este ano incrementar ese número”.

Agasallos
Desde a organización apuntan que haberá agasallos que non deixarán indiferentes aos participantes. Tamén haberá trofeos para os primeiros clasificados de cada categoría.

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Campionato Provincial de campo a través. II Cross de Ribadavia

O pasado sábado 31 de xaneiro celebrouse na área recreativa da Veronza -Ribadavia- o II Cross de Ribadavia (Campionato Provincial de campo a través), organizado polo Club Deportivo Aurum.

O tempo estivo moi variable con alternancia de claros con choivas, ao que o circuíto respondeu cun drenaxe envexable.

En total foron casi 600 (583 remataron) os participantes de todas as categorías. Un éxito que fixo que crecera expoñencialmente esta edición con respecto a do ano pasado, afianzando a Veronza coma dos mellores circuítos galegos de campo a través, á altura de organizar un campionato de empaque como podería ser un nacional, ou mesmo un internacional.

Nas categorías escolares foron máis de 400 os atletas que remataron as súas carreiras chegados de todos os rincóns da xeografía ourensá.

Probas absolutas

En canto ás probas absolutas, na feminina foi Eva Arias (19:31 minutos) a vencedora. Tras ela, a secundaría no podio, Iria Fernández (19:59) e Ana Belén Losada (21:29). Desde os primeiros metros da carreira Arias e Fernández marcarían o ritmo, ata que Arías (Adas O Barco) incrementou o ritmo e deixou atrás a atleta do Comesaña.

Por equipos, o Ourenrunning foi o primeiro con 14 puntos, seguido do Adas Proinor (segundo con 23 puntos) e o Atletas veteranos (terceiro con 54).

Na categoría masculina, o podio estivo copado por Hassan Lekhili, Javier Paredes -campión provincial- e Elpidio Gómez, primeiro, segundo e terceiro, respectivamente. Elpidio Gómez (Adas Proinor) colleu a dianteira marcando un forte ritmo durante as primeiras voltas. Ata que os dous atletas do Ourenrunning (Paredes e Lekhili) tomaron a dianteiro. Paredes sería o primeiro en tirar e no tramo final foi o marroquí o que collería a primeira posició e xa non a soltaría. Os dous compañeiros de club chegarían á meta no mesmo tempo (26:49), mentres que Gómez o faría 30 segundos máis tarde.
O Ourenrunning (ao igual que en categoría feminina) sería o vecedor por equipos ao acadar 20 puntos. Adas Proinor (31 puntos) foi segundo, e Atletismo Arenteiro (50 puntos), terceiro.

Atletas Aurum


En categoría cadete participaron dous integrantes do CD Aurum. José Benito Silva Sayans foi undécimo, mentres que Adrián Álvarez Dapena foi 17º.

Na categoría absoluta masculina participaron un total de oito atletas. O mellor foi Javier Espiña, rematando na 18ª posición; o outro Espiña, Roberto foi 20º; Lalo Gómez rematou na 28ª posición; no posto número 40 chegou Juan

Romero; 48º foi Diego Babarro, no posto 61, Furi e no 70, Javier Rodríguez. Manuel Prieto  retirouse cando marchaba na cuarta posición. Por equipos, o Aurum foi cuarto.

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

Ribadavia acolle o Campionato Provincial de cross

Será o 31 de xaneiro, e organizado polo Club Deportivo Aurum.

A área recreativa da Veronza, na localidade ourensá de Ribadavia, acolle o sábado 31 de xaneiro o Campionato Provincial de cross. Tamén se disputará o Campionato Provincial Escolar de Cross (XOGADE) e a segunda edición do cross de Ribadavia. O Club Deportivo Aurum corre a cargo, por segundo ano consecutivo, da organización.
A Veronza é, novamente, o lugar elexido para este cross. É considerado por especialistas coma un lugar inmellorable para a practica desta modalidade atlética; unha alfombra verde que fai que o circuíto sexa esixente á vez que idóneo.

A inscrición conta, entre todas as categorías, con 754 inscritos, dos cales máis de 500 son escolares (o futuro do atletismo na nosa provincia). O resto entre atletas federador e atletas populares. Este número fai que se duplique a participación con respecto ao ano pasado.

Á cita acudirán es mellores especialistas da provincia. O ano pasado o vencedor foi Javier Paredes quen ten complicado defender o título. Atletas como Lekhili ou Docampo tamén estárán na liña de saída. En categoría feminina, Eva Arias, Iria Fernández, Ana María Ocampo e Ana Belén Losada están entre as favoritas.

Horario

A competición comezará coa proba absoluta feminina ás 10:30 (5.000 metros). Ás 11:00 o turno será para os cadetes e xuvenís masculinos (4.000 metros) para que ás 11:25 sexa a proba das mesmas categorías de mulleres (2.500 metros). Os infantís correrán ás 11:45 os homes (2.500 metros) e ás 12:05 as mulleres (2.000 metros). Ás 12:15 o alevín masculino (1.500 metros) e ás 12:30 o alevín feminino (1.000 metros). Aos benxamíns tocaralles ás 12:40 e ás 12:50, a categoría masculina (1.000 metros) e feminina (1.000 metros), respectivamente. E para o final -13:00 horas- déixase a proba absoluta masculina (8.000 metros).

Marco incomparable

A Veronza, na ribeira do Avia, é un lugar incomparable para a practica do cross. Por esta razón desde o propio concello e desde o CD Aurum están interesados en dar o salto e lograr organizar nesa área un campionato a nivel nacional. Os pasos son os axeitados de cara a ese camiño.

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS

A base do Aurum pisa forte

Nun fin de semana en que os integrantes do Club Deportivo Aurum participaron en varias probas, nas que a base tivo unha participación notable.

Na final intercomarcal de campo a travé XOGADE foron cinco os integrantes do club que tomaron parte da saída.

En categoría benxamín masculino, Pablo Tato rematou na 17ª posición. En alevín feminino, Uxía Campos foi 19ª na liña de meta. Décimo sexto foi o infantil Sergio Crespo. Os mellores resultados chegaron no cadete masculino; Jose Benito Silva foi segundo e Pablo Caride, terceiro.

No Corre con nós de Lugo, Higinio Martínez acadou o posto 299. Pola súa banda, Toni Blanco foi o 318, Jesús Fernández, 365 e Patricio Farías o 395.

En Boborás disputouse o Cross do concello no que Alfonso Soto rematou no posto 31 e Javier Rodríguez no 68 sobre unha distancia duns 7 quilómetros. En canto ás categorías de menores, José Benito Silva foi cuarto; Adrián Álvarez, sétimo; Pablo Caride, oitavo e Sergio Crespo, 21º.

E para rematar o repaso da fin de semana, José Luis Novoa acadou o posto 247 na Media Maratón Manuela Machado, na localide portuguesa de Viana do Castelo.

  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Add to favorites
  • Email
  • RSS